Novas

AROS Saúde – baloncesto do bó

No 𝗣𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝘁𝗼 𝗔𝗥𝗢𝗦 𝗦𝗔Ú𝗗𝗘 hai cousas que valen moito máis ca un resultado.

Esta semana foron os propios rapaces os que organizaron un competido torneo 3×3, preparando equipos, partidos… e mesmo unhas medallas moi especiais feitas por eles mesmos 🥇✨

Unha actividade chea de implicación, ilusión e compañeirismo, na que cada sorriso, cada aplauso e cada pequeno logro tiveron máis valor ca nunca.

Porque cando se comparte, se crea e se celebra en equipo… o baloncesto sabe mellor.