Despedimos unha primeira etapa dun proxecto que nos deixa grandes momentos, moitas emocións e innumerables sorrisos compartidos.
Xunto aos amigos de COGAMI, puxemos o broche final a unha tempada moi ilusionante na que Virginia Torrecillas e Pequeñita nos acompañaron nunha viaxe chea de conexión, aprendizaxe e benestar.
Queremos agradecer a todas as persoas participantes, profesionais e entidades colaboradoras a súa acollida, implicación e cariño.



Grazas por abrirnos as portas e por facer posible que cada sesión fose especial.
Agora toca facer unha pequena pausa, pero agardamos volver despois do verán con máis encontros, máis experiencias compartidas e novas pegadas por deixar no camiño.
💙 Grazas por formar parte de Pegadas da Memoria.
🤝 Un proxecto da Fundación Breogán co patrocinio de Albia Funeraria Fernández.