Unha tarde chea de emocións no Pazo dos Deportes.
Onte vivimos un deses momentos que dan sentido a todo o que facemos.
A presidenta da Fundación Breogán, Nuria Varela Portas, recibiu o cheque correspondente á doazón realizada pola Asociación Cociñeiros Lugo, froito da recadación obtida coa Foodtruck Solidaria celebrada o pasado 26 de abril.



Unha iniciativa que demostrou que, cando a solidariedade e o traballo en equipo van da man, o resultado sempre é gañador.
Grazas á Asociación Cociñeiros Lugo pola súa implicación e compromiso, e a Total Sport pola súa colaboración.
E un agradecemento moi especial aos rapaces e rapazas de Down Lugo, auténticos cociñeiros TOP, que acompañados por Delfina Pérez recibiron un pequeno recoñecemento da Fundación Breogán pola súa axuda e participación nesta fermosa iniciativa.