Novas

Broche á primeira tempada de AROS Vida

Foron meses de adestramentos, aprendizaxes, risas, retos compartidos e moitos momentos que nos lembran por que este proxecto é tan especial.

Queremos agradecer de corazón a todas as persoas participantes de COGAMI Lugo, pola súa ilusión, esforzo e capacidade para converter cada sesión nun espazo de compañeirismo e superación.

Grazas tamén ao persoal de COGAMI Lugo pola súa colaboración, implicación e confianza, fundamentais para que este camiño sexa posible.

E un agradecemento moi especial para Maisa López, a nosa adestradora, polo seu cariño, dedicación e compromiso ao longo de toda a tempada. Grazas por acompañar, motivar e facer que cada adestramento fose moito máis ca deporte.

Remata unha tempada, pero quedan os recordos, as amizades e todo o vivido xuntos.

💙 Porque en AROS Vida o máis importante sempre foron as persoas.