Ao longo destes meses compartimos moito máis ca adestramentos: compartimos tempo, experiencias, aprendizaxes e momentos que deixan pegada.
Queremos dar as grazas aos rapaces e rapazas de Raiolas Lugo e Dano Cerebral Lugo pola súa participación, pola súa enerxía e por todo o que nos ensinaron en cada sesión. Grazas por formar parte deste círculo que medra coa forza da convivencia, do respecto e da ilusión compartida.
Agora toca descansar e recargar pilas para volver con máis ganas ca nunca.


