Hai proxectos que nacen para acompañar.
E para lembrar que coidar da saúde tamén significa coidar do benestar físico, emocional e social das persoas.
Tras a experiencia iniciada na pasada tempada, a Fundación Breogán e a Asociación Contra o Cancro de Lugo continuarán desenvolvendo este programa de pilates e promoción de hábitos saudables durante o curso 2026/27.
Da man de Patricia Pontón, as persoas participantes atopan cada semana un espazo pensado para mellorar a mobilidade, fortalecer o corpo, gañar confianza e compartir experiencias nun ambiente de proximidade e acompañamento.
Un proxecto que reforza o compromiso da Fundación Breogán e da AECC Lugo coa saúde, o benestar e a mellora da calidade de vida das persoas.
