Novas

AO COMPÁS – NOVO PROXECTO 26/27

Un novo proxecto da Fundación Breogán patrocinado por ALBIA Funeraria Fernández que utilizará a música e a danza como ferramentas de inclusión para as persoas usuarias de Down Lugo.

Durante a tempada 2026/27 traballaremos a coordinación, o ritmo, a expresión corporal e a creatividade a través de sesións adaptadas que culminarán coa creación dunha coreografía colectiva.

Cada paso conta.