💙 O Pazo volve abrir as súas portas.
A Fundación Breogán e o Proxecto de Bana, coa colaboración do Río Breogán, poñen en marcha a 3ª tempada de Pazo Aberto, unha iniciativa que permite ao alumnado de primaria descubrir por dentro un dos lugares máis emblemáticos do deporte lucense.
Durante a visita, os nenos e nenas poderán acceder a espazos exclusivos do Pazo dos Deportes, coñecer historias e curiosidades do club e participar en actividades educativas centradas en valores como o esforzo, o respecto, o traballo en equipo e a superación.
📍 Dirixido a centros de educación primaria da provincia de Lugo
⏱ Duración aproximada: 2 horas
👥 Máximo 25 alumnos e alumnas por visita
📅 8 visitas durante a tempada 2026/27
✅ Inscricións xa dispoñibles na nosa web, nas historias destacadas de Instagram ou a través do formulario habilitado: https://forms.gle/goDaVTtsNEuE9AjVA
Unha experiencia para descubrir o baloncesto desde dentro e achegarse ao auténtico sentimento breoganista.
