🦉 Nace MOUCHO.
A Fundación Breogán e o Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (FEGABA), delegación de Lugo, poñen en marcha un novo proxecto para poñer en valor a figura arbitral como deportistas, educadores e referentes dentro e fóra da cancha.
Baixo o lema “Moito máis que arbitrar”, MOUCHO combinará accións de participación social e actividades educativas para achegar a arbitraxe á comunidade, promover o respecto e fomentar os valores do deporte.
📣 Ademais, abrimos o prazo de inscrición para os centros educativos, clubs deportivos e escolas deportivas municipais que desexen participar nesta primeira edición.
✅ 5 prazas dispoñibles
✅ Adxudicación por orde de inscrición
🔗 O formulario de inscrición está dispoñible na sección “Inscricións” da web da Fundación Breogán e nas historias destacadas do noso perfil de Instagram.
🦉 MOUCHO. Moito máis que arbitrar.


