Novas

NINGÚN ARO SEN REDE 26/27 – CPI DR. LÓPEZ SUÁREZ (FRIOL)

Esta vez tocou facer unha parada no CPI Dr. López Suárez de Friol, onde nos agardaba un grupo de rapaces e rapazas con moitas ganas de descubrir como poden axudar a coidar o planeta a través da reciclaxe.

Da man da Fundación Breogán e da UNED Lugo, coñecemos un pouco mellor o funcionamento do concurso e todo o que podemos conseguir cando lle damos unha segunda vida ao material de escritura.

E, como non podía ser doutra maneira, Máximus tamén se sumou á visita e xa ten novos aliados! 🦁♻️

Grazas ao CPI Dr. López Suárez pola acollida e por formar parte desta quinta tempada. Agora toca poñerse mans á obra… Moita sorte na recollida! 💙