🎃💙 Onte, no Proxecto Persoas, o baloncesto compartiu protagonismo con algún que outro personaxe misterioso…
Co Samaín á volta da esquina, algúns dos nosos rapaces e rapazas chegaron ao adestramento cunha vestimenta moi especial. Houbo disfraces e, por suposto, moitas ganas de pasalo ben!
En Persoas tamén hai sitio para as pequenas tolemias e para demostrar que, na pista, o único que dá medo é quedar sen xogar! 👻🏀
Feliz Samaín! 💙


