Arrancamos a 5ª tempada no Colexio Diocesano María Auxiliadora, onde compartimos unha mañá estupenda co alumnado de 4º de Primaria.
O director da Fundación Breogán, Luis Abel Taboada, e a directora da UNED Lugo, Ana Traseira, explicaron aos rapaces e rapazas como funciona o noso concurso de reciclaxe e todo o que podemos conseguir a través de pequenos xestos.



E non estivemos sós! Acompañounos Máximus, o león máis reciclador que coñecemos, que tampouco quixo perderse o comezo desta nova aventura. 🦁♻️
Moitas grazas ao colexio pola acollida e por sumarse a esta iniciativa.
Desexámosvos moita sorte na recollida! Cada útil de escritura conta. 💙


