Novas

GRAZAS DANO CEREBRAL GALICIA

💙 Esta mañá tivemos a honra de recoller o 14º Premio Dano Cerebral Galicia – Miguel Blanco, concedido á Fundación Breogán en recoñecemento ao noso compromiso coa inclusión social e coa mellora da calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido e outras discapacidades.

A nosa presidenta, Nuria Varela-Portas de Orduña, recibiu o galardón de mans de Laura Abeledo, vicepresidenta de Dano Cerebral Galicia, nun acto celebrado en Santiago de Compostela.

Un recoñecemento que recibimos con enorme gratitude e que queremos compartir con todas as persoas e entidades que fan posible este traballo, especialmente con Dano Cerebral Lugo, compañeiros de tantos proxectos e experiencias ao longo destes anos.

Grazas por este recoñecemento e por camiñar ao noso carón. 💙