Novas

AO COMPÁS NO AUDITORIO FUXAN OS VENTOS

🚀 Chegou o momento! AO COMPÁS prepárase para o seu primeiro gran estreo!

Despois de semanas de ensaios, os rapaces/as de Down Lugo están máis que preparados para subir ao escenario. Teñen os pasos, teñen o ritmo e, sobre todo, teñen unha ilusión que non lles cabe no corpo. 😎💃

Esta semana foi día de últimos repasos, pero hoxe toca demostrar todo o que levan traballado da man de Lucía Lazaré, a súa profesora na Fundación Breogán.

📍 Esta tarde, ás 19:30 h, agardámosvos no Auditorio Fuxan os Ventos, na gala benéfica organizada polo HULA a favor de Murallalandia.

🎟️ A billeteira abrirá ás 18:00 h.

Que se preparen os focos, porque os rapaces de Lucía veñen pisando forte!

Grazas a Grupo Albia Funeraria Fernández, patrocinador de AO COMPÁS, por facer posible esta aventura.