Novas

NINGÚN ARO SEN REDE 26/27 – CEIP PLURILINGÜE SAN XOÁN (BECERREÁ)

No CEIP Plurilingüe San Xoán de Becerreá non só falamos de reciclaxe… tamén houbo tempo para probar as novas redes! 🏀

Alumnado e profesorado participaron nunha visita na que compartimos o obxectivo deste proxecto: recuperar material de escritura e darlle unha nova vida.

Da man da Fundación Breogán e da UNED Lugo, seguimos sumando centros e persoas comprometidas co medio ambiente.

Grazas por recibirnos e por poñer tantas ganas neste reto! Agora toca encher o colector. ♻️