Visitamos a Neuroescola do HULA, un proxecto que vai máis alá da atención médica para traballar tamén nas necesidades educativas e cognitivas dos nenos e adolescentes con epilepsia.
Aleksandar Aranitovic e Mihajlo Andric, xogadores do Río Breogán, puideron coñecer de primeira man esta iniciativa e compartir un tempo coas persoas que a fan posible: Robustiano Pego Reigosa, xefe de Neuroloxía; Esther Vázquez, xefa de Pediatría; Silvia Gil Cubel, pedagoga terapéutica especialista en epilepsia; e Alejandro Cabrera, responsable médico da Neuroescola.

Un encontro para poñer en valor o traballo que hai detrás de cada avance e lembrar que, mesmo nos momentos máis difíciles, aprender, medrar e seguir soñando tamén forma parte do camiño. 💙
Esta Experiencia Breogán conta coa colaboración da nosa empresa benefactora Adrián Salgado Óptica y Audición.


