No Colexio Maristas de Lugo, os rapaces e rapazas continúan a aprender lingua de signos da man de Bárbara Rovira Casal, coa colaboración de ASORLU.
Cada sesión é unha nova oportunidade para descubrir, practicar e comprender. E o interese que están a amosar fai que esta viaxe sexa aínda máis especial.
Co seu Pasaporte ROSETTA, van recollendo cada paso dunha aprendizaxe que nos achega un pouco máis a unha comunicación sen barreiras.


