A do pasado luns volveu a ser unha tarde divertida no C.P.I. Dr. López Suárez de Friol.
Os rapaces e rapazas participantes da actividade “Máis Que Basket No Rural”, agardáballes unha nova sorpresa, a visita do xogador do C.B.Breogán Marko Lukovic.
Con el compartiron adestramento, anécdotas e confidencias a partes iguais. Ata repartíu, xunto co Director da Fundación Salva Arco uns reconfortantes e saudables batidos OptiPro de Leche Río.