Novas

Aniversario Solidario – Autos Iglesias

Dende a Fundación Breogán estamos moi agradecidos a Ángeles Iglesias Varcárcel, responsable da nosa Empresa Colaboradora, AUTOS IGLESIAS, que ven de celebrar o seu 50 aniversario amosándonos o seu lado máis altruista.

Foi desexo de Ángeles que os convidados a esta especial celebración realizasen o seu agasallo en forma de doazón á Fundación Breogán.

Pola nosa parte destinaremos integramente as doazóns recadadas en beneficio daquelas persoas que máis o necesiten, traballando dende os valores do deporte, por ter mundo máis xusto e no que todos dispoñamos das mesmas oportunidades.

Feliz Aniversario, Ángeles! e moitísimas grazas polo teu xeneroso xesto.