Novas

Colaboración conxunta Fundación Breogán – C.B. Breogán – ADACE Lugo

Dende a Fundación Breogán, conxuntamente co C.B. Breogán vimos de amosar o noso apoio ao equipo de baloncesto ADACE Lugo.

Por este motivo, o noso Director, Salva Arco e o xogador do C.B. Breogán, Jordan Sakho, visitaron aos participantes desta actividade no seu lugar de adestramentos e fixeron entrega dunhas equipacións deportivas.

Queremos dar a noraboa a ADACE Lugo por esta fermosa inicativa e desexar a tódol@s participantes que gocen practicando baloncesto coas súas novas camisetas.