Novas

Ningún Aro Sen Rede (23/24) – CEIP Plurilingüe de Muimenta – Cospeito

A derradeira visita do curso 23/24 de “Ningún Aro Sen Rede” levounos ata o CEIP Plurilingüe de Muimenta.

O Director da Fundación Breogán, Salva Arco, a Directora da UNED Lugo, Ana Traseira e Paula Fernández Moure, comezaron a actividade aos rapaces e rapazas en qué consiste o proxecto.

Nesta ocasión, o encargado de certificar a correcta colocación das #Econets de Ecoballution, logo dunha rolda de preguntas, foi o xogador do C.B. Breogán, Sergi Quintela, que esnaquizou a marca de Máximus facendo unha serie de 7 de 10.

Rematamos a actividade repartindo agasallos entre os rapaces, que estiveron acompañados polos seus mestres e mestras, encabezados por Jacobo Díaz.

A partir de agora é o momento de que tódolos colexios que participan no programa reciclen o maior número posible de elementos de escritura para gañar un dos premios deste Ningún Aro Sen Rede 23/24.