Novas

Aprendendo outra forma de vivir o baloncesto

Dentro das sesións formativas das V Xornadas de Tecnificación, hoxe contamos coa presenza de José Manuel Teijido, que achegou aos rapaces e rapazas ao baloncesto en cadeira de rodas.

Unha disciplina que vai moito máis alá do xogo, promovendo valores como a superación, a inclusión e o esforzo, fundamentais no deporte e na vida.

Algúns incluso se animaron a probalo… e comprobaron que non é nada doado!

Grazas Jose por compartir a túa experiencia connosco 💙