Xa estamos ao completo! 💙🏀

Os nosos amigos de @downlugo ,xunto á súa adestradora, 𝗣𝗮𝘂𝗹𝗮 𝗔𝗯𝘂𝗶𝗻, puxeron en marcha unha nova tempada de 𝗔𝗥𝗢𝗦 𝗙𝗨𝗧𝗨𝗥𝗢.

Tiñamos moitas ganas de volver compartir pista, de reencontrarnos e de encher os adestramentos desa alegría que fai que cada sesión sexa especial.

Con AROS Futuro xa en marcha, as catro variantes do proxecto están activas. Comeza unha nova tempada chea de ilusión, retos e moitos momentos especiais.

Co patrocinio do Servizo de Deportes da @vicedepulugo.