Novas

Basket na Rúa 2024 – Praza Anxo Fernández 1/06/24

Derradeiro Basket Na Rúa desta temporada 2024.

O pasado sábado pechamos a III Edición da actividade de ocio saudable impartida pola Fundación Breogán e organizada e financiada pola Concellería de @xuventudedeporteslugo do @concellolugo e o Programa +XTI.

Ata a Praza Anxo Fernández achegáronse multitude de rapazas e rapaces con ganas de gozar dunha nova sesión de baloncesto acompañados polos seus pais e nais. De feito conseguimos un novo récord de participación.

Tampouco quixeron faltar a este peche do Basket Na Rúa o Concelleiro de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos e os xogadores do C.B. Breogán Erik e Sergi Quintela, que compartiron pista con nós.

Queremos agradecer e felicitar en primeiro lugar ao Concello de Lugo e á súa Concellería de Xuventude e Deportes polo novo éxito acadado por este fermoso proxecto; e aos centos de rapaces e rapazas que nos acompañaron ao longo destes dous meses, grazas por escoller practicar deporte as mañás dos sábados xunto á Fundación Breogán; e por último grazas aos seus pais e nais, e noraboa polos importantísimos valores que lles estades a inculcar aos vosos fillos.

Continuade practicando deporte, gozade do verán e ogallá nos vexamos na primavera do 2025 con máis Basket Na Rúa.