Novas

Basket na Rúa 2024 – Praza Anxo Fernández 11/05/24

Logo da fazaña do venres, na que o C.B. Breogán garantíu a súa praza un ano máis na Liga Endesa para a vindeira tempada, tocaba celebralo.

E qué mellor forma que gozando un sábado máis do baloncesto e do ocio saudable co BASKET NA RÚA que desta vez se trasladaba á Praza de Anxo Fernández.

Unha mañá espectacular na parte climatolóxica e na da participación dos rapaces e rapazas, que acompañados polo seus pais e nais participaron activamente nesta actividade organizada pola Concellería de @xuventudedeporteslugo do @concellolugo e o Programa +XTI da Delegación de Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas.

Houbo coma sempre moitos agasallos e premios: a camiseta do BNR asinada polos xogadores do Breo, balóns, bufandas e a presencia do gran Máximus, que ainda lle quedaban folgos (e moitos) para animar e dar cor neste día tan especial.

Voltaremos o vindeiro sábado día 18 con máis Basket na Rúa ao centro de Lugo, á Praza Anzo Fernández.