Novas

I Encontro Empresarial Fundación Breogán

O pasado 5 de maio tivo lugar o I Encontro Empresarial da Fundación Breogán, unha reunión distendida e informal cos representantes das nosas Empresas Benefactoras e Colaboradoras, na que tamén contamos ca presenza de varios xogadores e corpo técnico e directivo do C.B. Breogán.

Alí, no palco superior do Pazo dos Deportes, o noso Presidente, Narciso Fernández tivo palabras de agradecemento para todos eles e elas e tamén para os patronos, remarcando que sen a súa axuda a multitude de proxectos levados a cabo pola Fundación neste dous anos e medio de vida serían inviábeis.

Tamén sinalou que o éxito da Fundación Breogán reside en trasladar o que supón o sentir breoganista para Lugo ao eido social e solidario.

O Director, Salva Arco fixo un pequeno repaso da traxectoria da Fundación, remarcando que neste tempo acadamos posicionarnos como unha das entidades con máis prestixio a nivel de organización de eventos deportivos de caracter solidario da provincia de Lugo.

Con este acto pretendemos poñerlles cara a todas esas persoas que loitan e que suman esforzos cada día para que a Fundación Breogán sexa unha realidade, xa sexa desde o Patronato, desde a Dirección dunha Empresa Benefactora ou Colaboradora ou desde o posto de cada un dos traballadores da Fundación.

Moitas grazas a tod@s por axudarnos a dar “O seguinte paso no sentimento Breoganista”.