Novas

Proxecto Ícaro 25/26

✨ En outubro retomamos outro dos programas que máis nos ilusiona: o Proxecto Ícaro.

Despois dunha primeira tempada chea de aprendizaxes e boas experiencias, iniciamos a 2ª edición deste programa que emprega o deporte como ferramenta de inclusión social para mozas e mozos en situación de vulnerabilidade.

Cada semana, grazas á colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o Proxecto Ícaro convértese nun espazo de encontro, hábitos saudables e valores como o respecto, a superación, a igualdade e o traballo en equipo.

👉 O noso obxectivo segue a ser claro: reducir a brecha social e ofrecer novas oportunidades a rapazas e rapaces de 14 a 18 anos que atopan no deporte un camiño para crecer en autonomía, autoestima e integración.

💙 Seguimos crendo no deporte como motor de cambio. Benvida, 2ª tempada do Proxecto Ícaro!