Novas

BOCCIA ESCOLAR 2ª TEMPADA – INSCRICIÓNS ABERTAS

Abrimos o prazo de inscrición para os centros educativos que desexen participar na 2ª tempada de 𝗕𝗢𝗖𝗖𝗜𝗔 𝗘𝗦𝗖𝗢𝗟𝗔𝗥 durante o curso 2026/27.

Un proxecto desenvolvido xunto a 𝗗𝗮𝗻𝗼 𝗖𝗲𝗿𝗲𝗯𝗿𝗮𝗹 𝗟𝘂𝗴𝗼 que achega ás aulas unha das modalidades paralímpicas máis recoñecidas, utilizando o deporte adaptado como ferramenta para traballar a inclusión, a igualdade de oportunidades e o respecto á diversidade.

Unha experiencia educativa que invita ao alumnado a descubrir novas realidades, derrubar prexuízos e comprender que todas as persoas poden participar e competir cando existen as adaptacións necesarias.