Novas

PROXECTO PERSOAS – 5ª TEMPADA

Hai reencontros que fan especial cada comezo. O Proxecto Persoas volve á pista para iniciar a súa quinta tempada, un dos proxectos máis veteranos e emblemáticos da Fundación Breogán.

Arrancamos coa alegría de volver compartir momentos cos nosos rapaces e rapazas, acompañados nesta primeira sesión polo capitán do 𝗥í𝗼 𝗕𝗿𝗲𝗼𝗴á𝗻, 𝗘𝗿𝗶𝗸 𝗤𝘂𝗶𝗻𝘁𝗲𝗹𝗮.

Ao mando, a nosa adestradora 𝗥𝗮𝗾𝘂𝗲𝗹 𝗔𝘀𝗲𝗻𝘀𝗶𝗼, xunto a 𝗠𝗮𝗿í𝗮 𝗣𝗶𝗻̃𝗲𝗶𝗿𝗼 e 𝗝𝗮𝘃𝗶𝗲𝗿 𝗖𝗮𝘀𝗮𝗹 (Tachi), forman o equipo que fai posible cada sesión. Un agradecemento especial tamén ao 𝘃𝗼𝗹𝘂𝗻𝘁𝗮𝗿𝗶𝗮𝗱𝗼 da Fundación, ao que esta tempada se incorpora o do @comitegalegodearbitros_fgb delegación de Lugo.

Cinco tempadas compartindo moito máis ca baloncesto. E todas as ganas de seguir facéndoo. 💙

@vicedepulugo