Novas

EXPERIENCIA BREOGÁN. VISITA AECC LUGO

Visitamos o Centro da Asociación Española Contra o Cancro en Lugo, no marco da 4ª Experiencia Breogán de 2026.

Acompañáronnos Tito Díaz, director deportivo do Río Breogán, e os xogadores Jonathan Kasibabu e Edgar Vicedo, xunto a Ángeles Iglesias Varcárcel, representante da nosa empresa benefactora, Autos Iglesias, e membros do consello da AECC Lugo.

Alí compartimos tempo e conversa con Pilar López Seijas, paciente e socia da entidade, nun encontro que nos permitiu achegarnos ás persoas que dan sentido a este labor e coñecer máis de preto o apoio e acompañamento que a asociación ofrece cada día.

Grazas á AECC Lugo por abrirnos as portas e por todo o que facedes ao lado das persoas con cancro e das súas familias. E grazas a Autos Iglesias por facelo posible