Esta mañá asistimos a unha nova entrega do proxecto “LUZ Ó DEPORTE” que nos achega cada mes a @fundacionbreogan, @somosabanca e a @xuntagalicia.
A protagonista foi Sara Álvarez, que ante @s alumn@s dos CEIP Ánxel Fole e Muralla Romana, relatou as súas vivencias deportivas e persoais, conducida e entrevistada por María Nieto.
No salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia estiveron presentes Javier Arias Fouz @javierariasfouz (Delegado Territorial da Xunta de Galicia) Manuel Cadramón, Xefe do Servizo Provincial de Deportes da @Xunta e o Director da Fundación Breogán, Salva Arco.
Acompañando á protagonista estiveron a súa irmá e o seu adestrador, Iván Carballeda.
Ainda que o título da charla xiraba en torno ás dificultades engadidas cas que se atopan @s deportistas que queren triunfar practicando un deporte minoritario, na práctica supuxo moito máis.
A judoka lucense quixo transmitir @s rapaces/as o importante que é ter a capacidade de erguerse logo dunha caída e de ter un plan B ben artellado, no caso de que a conquista dos seus soños non sexan factíbeis.
Voltaremos con máis testemuñas directas das “interioridades” do deporte profesional o vindeiro mes de decembro, cos irmáns Erik e Sergi Quintela.