Novas

Coidando o corazón

O vindeiro 27 de maio, de 10:00 a 12:00 h. o Anexo do Pazo dos Deportes acollerá unha xornada centrada na saúde, a prevención e o benestar, organizada pola Fundación Breogán e o HULA en coordinación co seu servizo de cardioloxía.

Durante a actividade realizaranse:


💙 Talleres de RCP.
🤸‍♂️ Sesións de actividade física de baixa intensidade para usuarios do servizo de cardioloxía.

A actividade física estará guiada e supervisada por profesionais vinculados á Fundación Breogán:
▪️ Manuel Urizactiva3_
▪️ Javier Dovalej_dovale_preparadores_fisicos
▪️ Miguel MorandeiraTotalSport
▪️ César Vázquezc21_centro_de_entrenamiento
▪️ Aitor Vázquezproxecto_fitness

Unha iniciativa para seguir promovendo hábitos saudables e poñer en valor a importancia do exercicio físico na saúde cardiovascular.