Novas

Special Olympics – S Vicente de Paúl vs ASPANANE

O equipo Special Olympics do Centro San Vicente de Paúl disputou un novo partido de liga fronte aos amigos e amigas de ASPANANE de Viveiro 🏀💙

Un encontro cheo de ilusión, esforzo compartido e moitos deses pequenos grandes momentos que fan do deporte unha ferramenta única para unir persoas e crear comunidade.

Desde a Fundación Breogán, xunto coa UNED Lugo, seguimos orgullosos de apoiar este proxecto e de acompañar a un equipo que representa á perfección os valores da inclusión, o compañeirismo e a superación. 💙