A FUNDACIÓN BREOGÁN SÚMASE Á GALA SOLIDARIA #DIEZRAZ10NES
A Fundación Breogán ten o pracer de anunciar a súa colaboración coa gala solidaria #DiezRaz10nes, un evento gastronómico e benéfico que se celebrará o vindeiro 21 de febreiro no Salón Regio do Círculo das Artes de Lugo. A recadación desta primeira edición destinarase ás asociacións Down Lugo e Raiolas Lugo, reforzando o apoio a persoas con síndrome de Down e trastorno do espectro autista (TEA) e as súa familias.
Nesta iniciativa, promovida por Allentum, Atalaya Comunicación e Publicidade, Arrocería Os Cachivaches, Canedo Restaurante & Brasería, Restaurante España e Kronos, contarase coa participación de doce chefs de prestixio que, co apoio do alumnado da Escola de Hostalería IES Sanxillao, crearán unha experiencia culinaria única.
Nesta primeira velada, contaremos coa presenza de catro grandes nomes da cociña: @alex.cachivaches (@oscachivaches), @nardoeiroa (@canedorestaurante), @hector.restauranteespana (@restauranteespana) e @alvaro_villasante (@restaurantepaprica), que serán parte das doce ⭐🍳 estrelas da gastronomía encargadas de sorprender ao público cunha proposta culinaria excepcional.

Desde a Fundación Breogán queremos animar a toda a cidadanía a sumarse a esta causa e colaborar cun evento que combina gastronomía e solidariedade. Ademais, para premiar a implicación dos nosos socios e socias benefactoras, nos próximos días realizaremos un sorteo de 2 entradas para que poidan gozar desta velada tan especial.
Podes atopar toda a información e adquirir as túas entradas en: 👉 www.diezraziones.com 📲 Instagram: @diezraciones
Porque cada pequena acción conta, xuntos podemos marcar a diferenza.