Novas

Colaboración Proxecto Total Social 9/03/24

A Fundación Breogán, o Concello de Monterroso e a Ascociación Guardia Pretoriana Lugo, colaboran con Total Sport na recollida de aceite para consumo en favor de Cáritas Lugo.

A actividade está encadrada no Proxecto Total Social deste 2024 e terá lugar no transcurso do encontro do vindeiro sábado 9 de marzo (18:00h.) no Pazo dos Deportes de Lugo que enfrontará ao C.B. Breogán co Unicaja Málaga.

Xa tes un motivo máis para vir animar ao Breo nesta importantísima xornada e de paso colaborar cos que máis o necesitan.