Novas

III Edición das Xornadas de Tecnificación

Presentamos a III Edición das Xornadas de Tecnificación de baloncesto para nen@s de 8 a 16 anos, que realiza a FUNDACIÓN BREOGÁN e o C.B. BREOGÁN.

Os inscritos compartirán adestramentos con xogadores e técnicos do @cbbreogan , gozarán de xornadas formativas e terán agasallos exclusivos como recordo do seu paso polas Xornadas.

Cada día, dende o vindeiro 25 de marzo as Xornadas empezarán ás 9:00 h. no Anexo do Pazo dos Deportes de Lugo e rematarán ás 16:00 h. no mesmo lugar.

Dende este momento están abertas as inscricións para as nosas Empresas Benefactoras e Colaboradoras e soci@s benefactores.

O vindeiro venres día 1 de marzo ás 14:00 h. abriranse para o público en xeral e permanecerán abertas ata o luns 4 de marzo ás 20:45 h. ou ata completar as prazas.

Para inscribirte segue a seguinte ligazón ó formulario:

https://forms.gle/YHErp9qtNMj8tNmo8

Ou entra en fundacionbreogan.org/xornadas-de-tecnificacion-2023

NOTA IMPORTANTE: as inscricións realizadas de participantes que non se axusten aos criterios antes mencionados (empresas benefactoras e colaboradoras e fill@s de soci@s benefactores) non conlevan a reserva de praza e non serán tidas en conta ata a apertura xeral do venres día 1.