Novas

Presentación oficial do Proxecto “Grazas A-VÓS”

Comprácenos anunciar a nosa colaboración coa Xunta de Galicia no proxecto “Grazas A-Vós”, xunto ás residencias das Gándaras e A Milagrosa en Lugo. Este programa ten como obxectivo promover o envellecemento activo e a inclusión social dos nosos maiores de 65 anos.

No acto de presentación oficial, celebrado esta mañá no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, estiveron presentes Javier Arias Fouz, Xefe Territorial de Mobilidade da Xunta, Francisco Javier Vázquez, Xefe Territorial de Política Social da Xunta e Salva Arco, Director da Fundación Breogán.

Dúas veces por semana, ofreceremos clases deportivas adaptadas e talleres de estimulación cognitiva para manter e mellorar a saúde física e mental dos nosos participantes. Cada sesión estará chea de enerxía e positividade.

Os talleres serán impartidos por un equipo da Fundación Breogán, composto por un preparador físico, un adestrador de baloncesto e un psicólogo, que estarán presentes para acompañar e apoiar aos nosos maiores no seu camiño cara a unha vida plena e activa.

Agradecemos á Xunta e ás Residencias das Gándaras e da Milagrosa por facer posible este fermoso proxecto. Xuntos, estamos a crear un futuro máis brillante e saudable para os nosos maiores, xa que GRAZAS A-VÓS SOMOS O QUE SOMOS.