Novas

Luz ó Deporte 2024 – Enmanuel Reyes Pla – 16/12/24

Peche da III tempada de Luz ó Deporte, unha iniciativa que achega aos mozos a dimensión máis inspiradora e descoñecida do deporte. Unha oportunidade única para descubrir o esforzo, os valores e as aprendizaxes que subxacen tras cada desafío deportivo.

O luns, o protagonista será Enmanuel Reyes Pla, destacado boxeador español de orixe cubana. Medallista olímpico e figura recoñecida a nivel internacional, Reyes Pla é un exemplo de perseveranza, superación persoal e compromiso cos seus soños. A súa traxectoria, marcada por sacrificios e logros excepcionais, a ben seguro será unha fonte de inspiración para as novas xeracións.

A charla será moderada novamente pola xornalista María Nieto e terá lugar no Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, a partir das 12:00 h.

Este proxecto faise realidade grazas ao apoio de Abanca e a Xunta de Galicia. Moitas grazas por contribuír a formar ás xeracións do futuro a través do deporte!