O baloncesto volveu a encher de rapaces e rapazas o Parque do Sagrado Corazón o pasado domingo.
Contamos, nesta soleada mañá, coa presenza da Sra. Alcaldesa do Concello de Lugo, Dona Lara Méndez e do Concelleiro de Xuventude e Deportes, D. Mauricio Repetto.
Tamén se achegou a gozar cos inscritos/as na actividade o gran Máximus, que compartíu adestramentos, competicións e moita troula con tod@s eles/as.
Deporte na Rúa voltará o vindeiro domingo 28 de maio coa actividade de voleibol, da man dos amigos do Club Voleibol Emeve Lugo.
Galería do proxecto, preme aquí.