DEPORTE NA RÚA

 

 

 

Abril, maio e xuño de 2023.

 

 

Proxecto deportivo e social no que pretendemos poñer en valor alternativas de ocio saudables para rapaces/as de entre 10 e 17 anos.

 

Durante os meses de abril, maio e xuño, visitaremos 3 barrios de Lugo coa nosa proposta deportiva, que inclúe actividades de baloncesto, voleibol e fútbol sala, tres deportes cun gran peso na cidade.

A actividade está organizada baixo o patrocino do Concello de Lugo pola Fundación Breogán, coa colaboración do Club Voleibol Emevé Arenal e Lugo Sala.

 

 

 

9 abril 2023 - Praza Augas Férreas - Todos os deportes

16 abril 2023 - Praza do Castiñeiro - Baloncesto

23 abril 2023 - CEIP Sagrado Corazón - Voleibol

30 abril 2023 - Praza do Castiñeiro - Fútbol Sala

7 maio 2023 - Parque do Sagrado Corazón - Todos os deportes

14 maio 2023 - CEIP do Sagrado Corazón - Fútbol sala

21 maio 2023 - Parque do Sagrado Corazón - Baloncesto

28 maio 2023 - CEIP Sagrado Corazón - Voleibol

4 xuño 2023 - Fingoi - Todos os deportes

11 xuño 2023 - Fingoi - Fútbol sala

18 xuño 2023 - CEIP Sagrado Corazón - Baloncesto

25 xuño 2023 - Fingoi - Voleibol