Novas

Deporte na Rúa – Parque do Sagrado Corazón – 7 maio

5ª actividade deste 2023 do Deporte na Rúa, que levou este proxecto organizado e financiado polo @concellolugo a través da Concellería de @xuventude_lugo, ata o Parque do Sagrado Corazón.

Os rapaces e rapazas que se achegaron nesta soleada xornada, gozaron practicando baloncesto (Fundación Breogán), voleibol (CB Voleibol Emeve) e fútbol sala (Lugosala), na primeira parada que facemos neste barrio lucense.

Na actividade estiveron compartindo adestramento os xogadores do primeiro equipo do ADC Lugo Sala, Jacobo Costoya e @yerinho_ e como non, “Agui” a mascota do Emevé, que nos axudaron a repartir premios e agasallos para tódol@s participantes.

Deporte na Rúa volverá novamente ao Parque do Sagrado Corazón o vindeiro domingo 14, de 10:30 a 13:30 h. con fútbol sala.

Ligazón á páxina do proxecto preme aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *