Novas

Presentación do equipo Fundación Breogán Diversia

As bases para a formación do equipo de basket adaptado en cadeira de rodas Fundación Breogán Diversia xa están postas.

Así quedou demostrado onte, no descanso do encontro desputado no Pazo dos Deportes de Lugo entre o C.B Breogán e o Ucam Murcia, cando os integrantes do equipo sairon ó centro da pista cos seus adestradores e recibiron a ovación de toda a bancada posta en pé.

Énchenos de satisfacción amosarlle aos seguidores do baloncesto lucense os pasiños que vai dando este proxecto que a Fundación Breogán realiza da man de Xuncas Diversia, baixo o convenio ca Excma. Deputación de Lugo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *