Manuel García Rielo, director da nosa empresa benefactora CLÍNICA GARCÍA RIELO e Salva Arco, director da Fundación Breogán, fixeron entrega a Mª José Blanco Freire, Presidenta da Asociación DOWN LUGO, do recoñecemento ó seu labor e traxectoria.
O pequeno pero sentido acto de homenaxe tivo lugar nun dos descansos do encontro do pasado sábado no Pazo dos Deportes, que enfrontou ó C.B. Breogán e ó Real Betis.
Apaixonante encontro do cal puideron gozar dende o palco VIP da Fundación , unha representación de usuarios da asociación lucense, e dende a bancada toda a familia de Down Lugo.