Esta semana realizamos o segundo adestramento do PROXECTO PERSOAS, unha actividade que se desenvolve grazas ó convenio ca Excma. Deputación de Lugo.
O cada vez máis numeroso grupo de deportistas, practicou o seu deporte favorito guiados por tres adestradores da Fundación Breogán aos que se uniron esta semana outros tres voluntarios, máis o persoal que colabora con nós, procedente das entidades colaboradoras.
Moitas grazas a todos eles por permitirnos desenrolar esta fermosa e necesaria actividade.