Novas

II Xornadas de Tecnificación Fundación Breogán

Presentamos a II Edición das Xornadas de Tecnificación de baloncesto para nen@s de 8 a 16 anos, que realiza a Fundación Breogán en convenio coa XUNTA DE GALICIA.

Os inscritos compartirán adestramentos con xogadores e técnicos do C.B. Breogán, desfrutarán de xornadas formativas e terán agasallos exclusivos como recordo do seu paso polas Xornadas.

Cada día, dende o vindeiro 3 abril as Xornadas empezarán ás 9:00 h. nas instalacións deportivas de FRIGSA, Lugo e rematarán ás 16:00 h. no Pazo dos Deportes.

Dende este momento están abertas as inscricións ata completar as 40 prazas dispoñíbeis.

Para inscribirte segue a seguinte ligazón ó formulario:

FORMULARIO

Ou entrando en fundacionbreogan.org/xornadas-de-tecnificacion-2023

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *