Novas

Día do Dano Cerebral Adquirido 2025

Hoxe #26DeOutubro lembramos que máis de 500.000 persoas en España viven con dano cerebral adquirido, unha situación que cambia a vida non só da persoa afectada senón tamén da súa familia.

Construír dignidade significa garantir que todas as persoas con dano cerebral teñan as mesmas oportunidades para aprender, traballar, divertirse e participar plenamente na sociedade.

Facemos un chamamento a que a sociedade, as administracións e os servizos públicos asuman un compromiso real: ofrecer un informe claro ao saír do hospital, un plan nacional integral de atención, un censo estatal, apoio para a vida diaria e formación especializada para profesionais.

Hoxe é tamén un día para recoñecer o traballo das asociacións que durante 30 anos construíron espazos de apoio, comprensión e defensa dos dereitos das persoas con dano cerebral adquirido.

É tempo de incluír, escoitar e actuar. Porque ter un dano cerebral non significa perder a dignidade — significa, entre todos, preservar os dereitos, a voz e a participación.