📬 A partir de hoxe, as nosas persoas e empresas benefactoras e colaboradoras comezarán a recibir o número 12 do boletín informativo EU SON FUNDACIÓN.
Chega unha nova edición de Eu Son Fundación, o boletín trimestral da Fundación Breogán correspondente aos meses de xullo, agosto e setembro de 2025.
O verán adoita ser un tempo de pausa nas actividades habituais, pero tamén un período de reflexión, planificación e preparación dos proxectos que darán vida ao novo curso.
Setembro marca sempre un novo comezo, cheo de ilusións renovadas e iniciativas que buscan seguir fortalecendo o compromiso social e deportivo que nos define.
Neste número compartimos os pasos dados durante estes meses e adiantamos o que está por vir.
Grazas por acompañarnos, unha vez máis, neste camiño común. 💙
🔎 Lembrámosvos que podedes consultar todos os números anteriores en:
👉 https://fundacionbreogan.org/boletin-2
