Novas

Empresas Colaboradoras – Tour Pazo – 26/12/23

Representantes das Empresas Colaboradoras da Fundación Breogán, foron convidados a realizar o Tour polas instalacións do Pazo dos Deportes de Lugo.

Da man do noso Director, Salva Arco e coa colaboración do xefe de prensa do C.B. Breogán, Marcos Fernández, as nosas empresas benefactoras tiveron onte a oportunidade de coñecer esa parte accesible para moi pouca xente e que nos axuda a comprender mellor o día a día, así coma a historia do C.B. Breogán.

A zona dos trofeos sempre é obxecto de culto por todo bó seguidor breoganista. O encargado de guiar aos nosos convidados/as nesta parte foi Marcos Fernández, xefe de prensa do C.B. Breogán.

A sala de video, o vestiario e o ximnasio foron outros dos puntos que espertaron o interese dos visitantes, xa que probablemente sexan estas as zonas máis “reservadas” de todo o tour.

Rematamos a agradable visita cunha foto de recordo xunto cos xogadores e o corpo técnico do C.B. Breogán, nun día moi completo para todos eles e elas e no que tiveron a oportunidade de coñecer á nova fichaxe, o escolta norteamericano Ben McLemore.

Aproveitamos para agradecer novamente a colaboración das empresas que fixeron posible co seu apoio que a Fundación Breogán continuase a desenrolar tódolos proxectos marcados para este 2023.