Un proxecto social e inclusivo que dá resposta a unha necesidade real: ofrecer actividades deportivas, no noso caso o baloncesto, a nenos e nenas con capacidades diferentes que non dispoñen dunha alternativa deste tipo.
Este camiño é posible grazas ao convenio da Fundación Breogán coa Área de Deportes da Excma. Deputación de Lugo, e tamén coa colaboración do CEE Sta. María, Raiolas, USC, Afalu Alzheimer e Dano Cerebral Lugo, que fan posible seguir medrando e construíndo inclusión a través do deporte.
Porque no baloncesto, como na vida, todos e todas temos un lugar na cancha.