A derradeira Experiencia Breogán da tempada (da man de Pazo de VIlane) rematou ca visita d@s membr@s da Escola Banda de Música de Antas de Ulla facendo o xa habitual tour polas instalacións do Pazo e gozando do encontro que disputaron o C.B. Breogán e o Valencia Basket.
Na visita estiveron acompañados e guiados por Salva Arco e Erik Quintela achegóuse a facerlles entrega dunha camiseta asinada polos membros do C.B. Breogán, e puideron coñecer de primeira man tódolos recunchos da historia breoganista.
Xa pola noite, Banda e Fundación tiñan unha sorpresa para os 5.000 siareiros que ateigaban o Pazo. Durante o descanso do encontro, a Escola Banda de Música de Antas de Ulla saíu ó centro da pista e alumeados polas lanternas dos afeccionados interpretaron un emotivo Bella Ciao.
O Director da Fundación, Salva Arco e Nuria Varela-Portas, Xerente de Pazo de Vilane, fixeron entrega á Banda dun pequeno recoñecemento polo seu traballo, dedicación e esforzo en prol da ensinanza musical ó longo dos seus 126 anos de historia.
Dende a Fundación Breogán desexámosvos que continúen os vosos éxitos e á nosa empresa benefactora Pazo de Vilane, moitas grazas por achegarnos e permitirnos darlle visibilidade a esta relevante formación musical.